Saturday 11 de May de 2024

Clausurado o curso de alfabetización básica


Recentemente levouse a cabo en Ordes o curso de alfabetización básica no que participaron mulleres de distintas nacionalidades. O proxecto contou cun total de 62 horas de clases presenciais, nas que as asistentes adquiriron distintos tipos de coñecementos orientados a mellorar a comunicación e a resolver problemas cotiáns. Nesta iniciativa participaron a fundación Radio Ecca, o CIM da Mancomunidade de Ordes, o Fondo Social Europeo, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Obra Social La Caixa.